Delgado Marzo

Profesor/a asociado/a

Área de Explotación de Minas

Información de contacto

+34 986 814 093
fdelgado@uvigo.gal

Breve CV

Enxeñeiro de Minas pola Universidade de Vigo (2004) e Diplomado en Estudos Avanzados pola Universidade de Vigo (2006). Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosociología aplicada, polo Centro de Iniciativas Profesionais (2008). Profesionalmente dedícase á Dirección Facultativa de varias explotacións mineiras e establecementos de beneficio, realización de proxectos de aproveitamento mineiros, de perforacións para aproveitamento xeotérmico, de movemento de terras, de estabilidade de noiros, de restauración de canteiras, de voaduras, de instalación de polvoríns, de tratamento de augas residuais, informes de sondaxes, peritaciones xudiciais, solicitude de licenzas de actividade de instalacións mineiras, valoración de activos mineiros e docencia de seguridade mineira.